A ruta de Adro vello percorre un lugar que abarca dende a Galicia rural, ata praias de augas cristalinas e de area fina e branca, pasando por antigas fábricas de salga, ou por os achados arqueolóxicos que lle dan nome.
Este itinerario é dun gran valor medio ambiental na maior parte do seu percorrido, zona protexida da Rede Natura 2000.
É unha ruta chea de historia, na que atoparemos antigos salgadoiros, fonte de riqueza e traballo do pobo durante séculos, e os restos arqueolóxicos de Adro Vello, situados a tan só tres metros sobre o nivel do mar e no borde da praia do Carreiro. Aquí a escavación amosou, en capas superpostas, unha vila romana na que se atoparon vestixios de salga do peixe, unha necrópole, a pranta dunha igrexa visigótica, e elementos dunha fortificación da Baixa Idade Media que servía de protección ante posibles agresores que chegasen por mar.
A primitiva igrexa, debido aos frecuentes saqueos de piratas e a os golpes do mar, foi trasladada no s. XVIII a un lugar máis seguro, que é o que ocupa actualmente o templo de San Vicente.
triptico informativo.
Archivo kmz con marcadores gps