Esta enseada está declarada Zona Húmida de Importancia Internacional e incluída no convenio RANSAR.
Está situada entre a península do Grove, o istmo da Lanzada e a zona suroeste da ría de Arousa, abarcando o estuario do Umia ata Cambados. Aquí estaban as salinas que lle deron á comarca o seu nome: O Salnés.
A entrada e saída das augas é a través da pequena canle que forma a illa da Toxa. De pouca profundidade e pouco movemento de augas forma un ecosistema elixido por unha gran variedade de aves para invernar ou como descanso na súas largas migracións.
Destaca o espazo natural da Enseada do Bao, onde podemos ver especies como a garza real, o mazarico, o alavanco, o pilro..., entre moitas outras.
máis info en www.piogrove.com